¡Hola! Utilizamos cookies propias y de terceros para analizar el uso de esta web y mejorar tu experiencia de navegación. Al continuar navegando entendemos que aceptas nuestra política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Traiñeira ACT na XIII. Bandera Donostiarra - Turismo Castilla-La Manc
Traiñeira ACT na XIII. Bandera Donostiarra - Turismo Castilla-La Manc

Primeiro, Cuarto e Oitavo posto na clasificación

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

A nosa embarcación feminina fíxose coa II Bandeira Rianxeira e seguiron as competicións dos nosos equipos en Oleiros, Donostia, Zierbena e Cabo da Cruz

XIII. Bandera Donostiarra - Turismo Castilla-La Mancha & XXXVIII Bandera Petronor

A nosa embarcación ACT fixo esta fin de semana a primeira viaxe a Euskadi para seguir competindo na súa liga. O sábado desembarcaron en Donostia saíndo na primeira quenda pola boia catro. Estes foron capaz de dominar a regata con autoridade desde o comezo, rematando con crono de 20.16, que lle valeu para rematar en sétima posición.

O domingo, xa en Zierbena, partían nunha complicada segunda quenda, ca Donostiarra, Bermeo e Ares como adversarios. O noso equipo mantivo unha distancia de entre 2 e 6 segundo coas embarcacións vascas durante toda a regata, con Ares algo descolgado do pelotón. O resultado resolveuse no último longo onde por unha escasa diferencia a nosa tripulación gañou a quenda, seguido da Donostiarra e Bermeo. Con estes resultados melloran un posto na xeral colocándose oitavos.

 

X BANDEIRA CONGELADOS SALGADO & VII BANDEIRA MARINA CABO DA CRUZ – CONCELLO DE BOIRO

A LGT-A desprazouse o sábado a Oleiros, onde a nosa tripulación estivo remando na quenda de honra. Esta posición pasou factura ao non ser capaz esta vez de manter o ritmo dos seus adversarios directos e rematar na novena posición.

O Domingo, competindo na casa, foron quen de remontar postos ata chegar á cuarta posición, moi preto de Mecos, terceiros. Con estes dous resultados colócase na cuarta posición da clasificación xeral.

 

VI BANDEIRA CONCELLO DE OLEIROS & II BANEIRA RIANXEIRA FEMININA

A nosa embarcación feminina estivo compartindo campo de regata coa LGT-A estas dúas xornadas. O sábado en Oleiros estas partiron na quenda de honra con Chapela como principais contrincantes. As de Redondela mantivéronse en cabeza toda a regata ata o último largo onde as nosas subiron o ritmo, mais quedando a 1 segundo da vitoria.

Na xornada do domingo, en Cabo da Cruz, as quendas ficaron igual que o día anterior. A rivalidade entre o noso equipo e o de Chapela repetiuse outra vez, sendo as nosas segundas durante os tres primeiros longos. No último, tras facer a ciavoga as dúas case ao par, as nosas foron capaz de impoñerse cunha vantaxe de 6 segundos e facéndose coa bandeira e a cabeza da liga.

COMPARTIR: